AliciaG

Tres anos de obras para ampliar a ponte de Rande resumidos en dous espectaculares minutos

0

Obras de ampliación puente de Rande from timelapses.tv on Vimeo.

A ampliación da ponte de Rande é unha das grandes obras de Galicia no que vai de século. Comezou no 2015 e agora entra na súa fase final. Una web, seguimientodeobras.com, ofrece agora a posibilidade de ver a evolución dos traballos nun espectacular vídeo de tan so un par de minutos. O resultado impresiona, ademais de mostrar de xeito sintético a magnitude do traballo realizado.

Para elo, instalouse un equipo de seguimento timelapse a principios do 2015, que toma unha nova imaxe cada 5 minutos, tal e como explica seguimientodeobras.com na súa web.

Con todas as imaxes capturadas, fixeron unha selección dos momentos máis interesantes, e unha vez tratadas dixitalmente, foron engadidas a un vídeo resumen que actualizan cada semana.

 

E logo, qué pensas?