AliciaG

Tres brancos galegos que destacan internacionalmente

0

A gastronomía galega ten recoñecida fama pola calidade dos seus produtos, mais non só falamos de comer cando facemos esta afirmación. Os viños, coas cinco denominacións de orixe que se reparten polas provincias do sur de Galicia –Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras–, non deixan de recibir premios.

En catro días do mes de marzo, máis de cen catadores tiveron que puntuar ata 1.700 referencias de 21 países de todo o mundo dentro do concurso Bacchus, a gran cita española co mundo do viño organizada pola Unión Española de Catadores.

E na última edición deste concurso, tres viños brancos galegos coláronse entre os 18 viños que recibiron a máxima distinción que se outorga no certame: Gran Bacchus de Ouro. Unha posición á que chegaron dúas referencias da Denominación de Orixe Rías Baixas e outra da de Valdeorras.FOTO 3 VIÑOS

Trátase dos viños La Trucha 2015, Mar de Frades Finca Valiñas 2014 e o godello de Valdeorras Guitián Fermentado en Barrica 2014, das adegas Notas Frutales Albariño SLU, Mar de Frades e La Tapada SAT, respectivamente.

Mais hai outras distincións, e Galicia situou 12 dos seus viños entre os case 180 que recibiron a consideración de Bacchus de Ouro (2 Valdeorras, 9 Rías Baixas e 1 Ribeiro) e preto de 30 máis obtiveron a distinción Bacchus de Prata. Queres saber que viños foron os premiados? Neste enlace, toda a listaxe.

E logo, qué pensas?