AliciaG

Un dos primeiros parques temáticos do mundo é galego, data do ano 1893 e está en Betanzos

0

Nin o Magic Kingdom de Orlando nin o Chessington de Reino Unido; tampouco Dysneiland París nin Port Aventura. Un dos primeiros parques temáticos do mundo, dende logo de Europa e por suposto o primeiro de España está en Galicia, concretamente en Betanzos, e chámase o Parque do Pasatempo.

Trátase dunha obra faraónica financiada por dous excéntricos irmáns, Juan e Jesús García Naveira, emigrantes de Betanzos que fixeron fortuna en Bos Aires. Comezo a construírse en 1893 e non se remataría ata 1914. Ocupou, inicialmente, 90.000 metros cadrados de terreo, no que alternaban os xardíns de fantasía cos túneles e pasadizos subterráneos, labirintos, unha  casa de espellos, esculturas, estanques, invernadoiros, canais e ata un zoolóxico.

Os irmáns García Naveira, pero sobre todo Juan, querían ilustrar aos seus veciños cun espazo enciclopédico que daba a coñecer distintas culturas do mundo, principalmente aquelas coas que os irmáns estiveran en contacto. Dentro do parque, hoxe máis reducido con relación ao orixinal, pódense ver escenas de Exipto, a muralla china ou o canal de Panamá.

Durante moito tempo, este parque temático aparecía nas guías de viaxes europeas, pero foi presa do abandono. Hoxe son varias as iniciativas para a súa recuperación, con implicación de diferentes administracións.

 

 

E logo, qué pensas?