AliciaG

Un vídeo alucinante que che demostrará que en realidade es grande e insignificante ao mesmo tempo

0

Quen somos? De onde vimos? A onde imos? Son as tres preguntas eternas, as mesmas que deron nome a un lenzo de Paul Gauguin alá polo ano 1897 ou as que musicou Sinestro Total engadindo unhas cantas máis.

Agora, e dende hai uns días, un alucinante vídeo que circula por Facebook podería dar resposta a algunhas delas. En pouco máis de tres minutos, amósanos o que somos e o que representamos no universo cunha incrible viaxe. Primeiro cara ao exterior, e así verémonos  insignificantes. Pero tamén nos ensina o grandes e complexos que somos se nos miramos introspectivamente. O dito, unha asombrosa experiencia que non te deixará indiferente.

E logo, qué pensas?