AliciaG

Un estudo revela que os homes teñen un pene máis pequeno do que pensan: compara os tamaños arredor do mundo

0

Era un clásico nas discusión de taberna e nos días de esmorga, exemplo da banalidade de moitas das conversas de barra, pero converteuse nun problema serio e obxecto de estudo cando os homes empezaron a facer cola ante os servizos de androloxía para saír de alí cun pene máis grande. Dende entón proliferaron os estudos para establecer os tamaños, digamos, normais ou aqueles a partir dos cales se podía considerar que existía un problema morfolóxico real e non só un complexo máis ou menos acentuado por unha medida inferior á media. Os que seguen son os resultados dalgúns destes estudos, tanto en España coma no mundo.

É posible que o tamaño teña certa importancia, pero non tanta coma a que algúns lle dan. Iso por un lado. E por outro, é posible tamén que teña máis importancia para os homes que para as mulleres, entre outras cousas porque uns e outras non concordan nin nas súas percepcións nin nos seus desexos. Así, mentres os homes pensan que a lonxitude media é de 14,2 centímetros, as mulleres consideran que non pasa dos 13,7. Medio centímetro de diferenza que nas proporcións nas que nos movemos non é pouco. Iso en canto ao que perciben. Peor sobre o que desexan, o tamaño que consideran ideal, tampouco coinciden.

Esta é unha das rechamantes conclusións dun estudo realizado pola web sobre saúde sexual DrEd, en que participaron 2.121 persoas, das cales 1.148 eran homes e 973 mulleres de entre 18 e 75 anos. 1.055 eran dos Estados Unidos e o resto de nove países de Europa, entre eles España. Da investigación, resultou que os homes pensan que teñen un pene máis grande do que realmente é, pero aínda así non lles chega e desexarían outro maior: confesaron que lles gustaría un pene de 16,5 centímetros. O curioso é que cando se lle preguntou ás mulleres polas súas preferencias, estableceron en 15,7 centímetros o tamaño ideal, case un centímetro menos da medida que os homes consideraron a perfecta.

Pero á marxe das percepcións e os desexos, cal é a realidade? Pois este estudo de DrEd fixa en 13,12 o tamaño medio dun pene erecto, un centímetro menos da media percibida polos homes (14,2) e 3 menos do tamaño que desexarían (16,5). A medida media tamén queda moi por debaixo da lonxitude que as mulleres consideran ideal (15,7 centímetros). Resumindo, este estudo conclúe que o pene medio mide 13,12 centímetros, aínda que os homes pensan que mide 14,2 (as mulleres rebáixano a 13,7) e en realidade gustaríalle que medise 16,5 centímetros.

A continuación, o  gráfico no que se pode ver a diferenza entre o que os homes cren que é o tamaño medio do pene o a medida que lles gustaría a eles, por países.

Un estudo anterior, realizado só en España pola  Asociación nacional de Androloxía, establecía un tamaño medio lixeiramente superior para os penes nacionais, elevándoo a 13,58, medida que dende entón se considera a oficial para os españois. Tan é así que esta lonxitude, xunto a outras calculadas por universidades e sociedades médicas de resto de mundo, serviu para facer un mapamundi sobre os tamaños dos penes no planeta.

A clasificación mundial segundo o tamaño medio, que pode consultarse nesta web, quedou así:

  1. O Congo: 17,3 centímetros.
  2. Venezuela: 16,93.
  3. Colombia:16,75.
  4. O Sudán: 16,47.
  5. O Brasil: 16,10.
  6. Francia: 16,01.
  7. Italia: 15,74.
  8. Exipto: 15,69.
  9. A Arxentina: 14,88.
  10. Alemania: 14,48.
  11. Noruega: 14,34.
  12. Turquía: 14,11.
  13. México: 14,09.
  14. O Reino Unido: 13,97
  15. España: 13,58.
  16. Australia: 13,31.
  17. Rusia: 13,21.
  18. EUA.: 12,90.
  19. Irlanda: 12,78.
  20. O Xapón: 10,92.
  21. A China: 10,89.
  22. A India: 10,24.
  23. Corea do Sur: 9,66.
  24. Tailanda: 9,43

A investigación da Sociedade Española de Androloxía, considerada como pioneira e a máis ampla de Europa, estableceu ademais unha nova medida para os micro-penes: estaba en 9,3 centímetros e rebaixouse a 7,1. Cando un pene supera esta medida considérase que non hai nada anormal nel desde o punto de vista morfolóxico.

Pero están os homes e as mulleres satisfeitos cos penes que lle tocaron en sorte? Pois depende. O 44,5% dos homes que participaron no primeiro dos estudos mostrouse satisfeito co tamaño do seu membro, o 29,5% asegura que lle é indiferente e só o 1,7% amosouse indignado pola escaseza de centímetros dos seu membro. Ás mulleres impórtalle máis: o 67,4% dixo que a lonxitude ten certa importancia, mentres que un 11,2% cre que é moi importante e un 21,4% afirma que non é importante.

Foto: Gratisography

Fuente gráfico: www.dred.com/uk/

E logo, qué pensas?