AliciaG

Un mapa para consultar as conexións wifi dos aeroportos

0

Viaxar ao estranxeiro e solicitar o contrasinal de cada conexión wifi que imos atopando polo camiño é unha constante para os que non desenganchan do teléfono móbil nin en vacacións. Chega a desesperación cando o que toca é facer escala nalgún aeroporto e, malia atopar algunha suposta wifi libre, non funciona.

Xa sabemos que conseguir wifi gratis en territorio aeroportuario pode ser misión imposible, ben porque a configuración é complexa, porque non hai o servizo ou mesmo porque se o hai non funciona. Pero non é infrecuente que os intentos queden en nada.

Para axudar a superar estes momentos naceu un mapa en que se recollen os puntos de acceso a Internet gratuítos nos aeroportos.  Pódese consultar o mapa a través da páxina web, pero tamén se pode descargar unha aplicación.Mapa WiFi

Aínda que son moitos os datos existentes, non están todos. E por iso, ofrécese aos usuarios a opción de colaborar, ben ampliando a información sobre novos aeroportos ben corrixindo a que está desactualizada.

Entrando neste mapa, que funciona ao xeito de google maps, só hai que facer click en cada avión para obter información sobre a wifi gratuíta e, de ser o caso, o contrasinal necesario para que a conexión sen cabos sexa efectiva.

Galicia, con tres aeroportos na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, aínda non forma parte desta ferramenta.

E logo, qué pensas?