Portada - CSAG
Quen somos?

A CSAG integra os medios de comunicación públicos galegos e opera mediante unha ampla infraestrutura de televisión, radio e canles dixitais, ofrecendo a maior oferta informativa e de entretemento audiovisual en galego.

27/08/2025
A Radio Galega renóvase: novas voces, máis deporte, máis humor e un podcast cultural diario en AGalegaAudio.gal
Roberto Carlos Carballo toma os mandos do ‘Galicia en Goles’, mentres que Fran Cañotas volve á radio con Antonio Mosquera para presentar ‘A penaltis’, un innovador programa de entretemento deportivo
En ‘A Bóla Extra’, Leti da Taberna e Todo Mal, ou o que é o mesmo, Carla Núñez e Marcos López, porán a irreverencia máis divertida nas mañás do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa e Cristina García
A cultura refórzase como eixe transversal da grella de Radio Galega, e o ‘Diario Cultural’ terá tamén unha edición de fin de semana e un podcast diario en AGalegaAudio.gal

27/08/2025
A serie de animación infantil 'Pipo', producida en Galicia e en galego, chega este mércores a Xabarin.gal
A plataforma de contidos da CSAG para as máis pequenas e pequenos lanzará a primeira hora da tarde esta nova proposta de entretemento, logo dun evento de estrea que terá lugar ao mediodía no festival Castelo Conta de Culleredo
Ideada por Andrés Mahía e Laura Mahía, creadores tamén de ‘Bibopalula’, está dirixida á cativada de entre 5 e 8 anos e ten como protagonista un extraterrestre que descobre con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos

27/08/2025
'A Superfesta' chega á Festa da Empanada da Bandeira da man dos dous Mozos de Arousa
Bruno e Borjamina, acompañados polas reporteiras do programa, mergúllanse nesta cita gastronómica e festiva para valorar tradición, sabor e troula
Bases Concurso "MISS VACA GALICIA 2025"
Bases Concurso "CANCIÓN DO VERÁN 2025"
Bases da 4ª edición do concurso #DígochoEu destinado a centros escolares
Galicia TV América
Descobre como podes ver TVG desde América
Galicia TV Europa
Descobre como podes ver TVG desde outros países de europa
TVG Dixital AGalega
Preme aquí para entrar na maior plataforma de contidos audiovisuais en galego do mundo
RG Dixital AGalegaAudio
Preme aquí para entrar na maior plataforma de contidos de radio e podcasts en galego do mundo