AliciaG

Velaqui.gal, a ferramenta feita en Galicia para compartir arquivos

0

Es usuario de wetransfer para compartir os teus arquivos? Se é así, tes dende hoxe outra opción made in Galicia coa que resolver esas situacións nas que debes facer chegar imaxes, informes, apuntes ou calquera outro documento e o correo electrónico non é unha opción.

Trátase de Velaqui.gal, unha ferramenta de recente creación que permite compartir documentos dun xeito sinxelo e cunha operativa similar a wetransfer. É unha iniciativa de PuntoGal e Dinahosting, que para conmemorar o mes das Letras Galegas, veñen de pór en marcha este servizo de intercambio de arquivos desenvolvido no país.

Pero, que ofrece Velaqui.gal? Permite aos usuarios enviar documentos de ata 2GB de xeito seguro, decidindo a visibilidade ou non do material que envía, a caducidade do enlace que se remite para a súa descarga e mesmo as veces que se pode descargar.

É un servizo gratuíto que permite empregar diversos formatos e cifrar cada envío por medio dun contrasinal, elevando así a privacidade dos arquivos a compartir, que se poden facer chegar a ata 20 enderezos de correo electrónico de xeito simultáneo.

Xa o probaches?

 

 

E logo, qué pensas?