AliciaG

Vigo enfeitiza aos británicos

0

Vigo es as illas Cíes teñen moitos fans, pero nos últimos meses saíronlles algúns especialmente incondicionais. Os principais están noutras illas, as británicas. Dous dos medios máis influentes de Gran Bretaña, ‘The Telegraph’ e ‘The Guardian’, non deixan de botarlle flores, tanto á cidade olívica como ás súas illas.

O idilio vén de lonxe. A primeira vez que ‘The Guardian’ quedou enfeitizado por Vigo remóntanos a hai xa dez anos, cando cualificou a praia de Rodas como a mellor do mundo. O namoramento non deixou de medrar dende entón: oito anos despois, o mesmo periódico apuntou a Vigo como a xoia agachada de Galicia. A reportaxe dedicaba, como non, una atención especial aos encantos das illas Cíes, pero non se quedaba so aí. Tamén destacaba o seu medio cento de praias, a zona vella, a súa gastronomía, da que destacaba o polbo e o viño albariño, ou as súas tendas. Pero sobre todo chamaba a atención sobre un detalle, a proximidade a Londres, a só dúas horas de avión, e unha anécdota: o prezo da cervexa, a só un euro nalgúns locais (a ‘caña’). O xornal sinalaba Vigo como a cidade de Europa que máis medrou ao longo do século XX.

Hai só uns meses, o mesmo diario volvía ollar fascinado cara a Vigo. Outra vez ás illas Cíes, que situaba entre as dez mellores de Europa. Quedaba así confirmada a apaixonada relación entre Londres, e sobre todo os londinienses, e a primeira cidade de Galicia.

Pero ‘The Guardian’ non é o único diario londiniense cativado polos encantos vigueses. Un dos seus competidores, ‘The Thelegraph’, tamén sucumbiu a eles. E, como non, o frechazo xurdiu polas súas xa famosísimas illas, ás que o periódico sitúa entre os 28 paraísos máis escondidos e menos masificados de Europa. Así, incluíunas nunha exclusiva lista da que formaban parte as praias da Costa Azul gala, os pequenos lugares de Sardeña, as calas de Menorca, o Algarve ou a Bretaña.

Esta atracción dos ingleses por Vigo ten o seu reflexo cada ano nos centos de miles de persoas desta nacionalidade que chegan á cidade a borde de embarcacións tan impoñentes como o Independence of the Seas ou o Queen Mary II.

 

E logo, qué pensas?