AliciaG

Vigo reafírmase como paraíso: é unha das 5 cidades de España con mellor clima para vivir

1

Non só ten algunhas das mellores (aínda que tamén concorridas) praias de Galicia ou unha das illas máis fermosas do mundo (as Cíes), senón que ademais goza dun dos mellores climas de España para vivir. E non só nos meses de verán, senón durante todo o ano, cunha temperatura media anual –segundo Meteogalicia- de 15,3 graos, a máis alta da comunidade. Fóra de Andalucía e das illas (as Baleares e as Canarias), non hai outra cidade española con mellor clima que Vigo. Reafírmase así como un auténtico paraíso.

A listaxe de cidades cun clima máis agradábel é obra do portal eltiempo.es, que para elaborala atendeu a parámetros de temperatura, horas de sol e humidade.

Curiosamente, ou non tanto para os galegos en xeral e os vigueses en particular, Vigo está entre as tres cidades peninsulares con mellor clima. Ademais, é a única que non se atopa en Andalucía. A lista complétase con Málaga, Huelva, Palma de Mallorca e As Palmas de Gran Canaria.

Con relación a Vigo, o portal meteorolóxico di o seguinte:

Aínda que situada en Galicia, unha das comunidades mais chuviosas, a cidade de Vigo conta cun microclima, unha excepción en Galicia e España. Pese a súa situación xeográfica é unha das cidades que conta con días máis despexados. As temperaturas tamén son máis suaves que noutras zonas de Galicia ao estar baixo a influencia dun réxime subtropical. A temperatura media anual de Vigo é de 14,9 graos. O verán é moi suave e en inverno dificilmente baixan as temperaturas dos 7 graos”.

Contrastado con Meteogalicia, o certo é que Vigo conta coa temperatura media anual máis alta de Galicia, de 15,3 graos, superior incluso aos 14,9 que indica o portal eltiempo.es.
Esta é a lista completa.

  • As Palmas de Gran Canaria:

Las Palmas de Gran Canaria clima

  • Málaga:

Málaga. Foto: Vueling

  • Palma de Mallorca:

Palma de Mallorca clima. Foto: www.yainis.com

  • Huelva:

Huelva clima. Foto: www.huelva2000.com

  • Vigo:

Vigo clima Foto: commons.wikimedia.org

Fonte: eltiempo.es

 

Un comentario

  1. Serafín Pérez porto

    Desde logo que he a mellor ciudade eu diría que de España, inda que ten moitas costas pero preciosas, teño 57anos que salin de ela pero sempre me acordó he cada vez que veo fotos choro, perdón por lo mal gallego que escribo pero cuando vivía ahí no o enseñaban na escola.viva Vigo

    Responder

E logo, qué pensas?