Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mobilidade

Renfe desbloquea os billetes de longa distancia para viaxar en Nadal

20/11/2024 14:40

Os de longa distancia para viaxar entre Galicia e Madrid están por fin á venda, despois de semanas de queixas dos viaxeiros 
 

Etiquetas:  NADAL   TREN   RENFE

Galicia planea estender as bonificacións do transporte metropolitano a toda a comunidade

20/11/2024 13:39

Desde 2022 a Xunta traballa no proxecto Área de Transporte Única en Galicia, que persegue avanzar na integración de ata 120 municipios galegos nesta área sen ningún tipo de custo e despenalizar o transbordo


Renfe recuperará o 17 de decembro a conexión Lugo-Madrid sen transbordos por estrada

19/11/2024 13:22

A compañía tamén informa de que o 25 de novembro os trens Alvia transversais Barcelona–A Coruña recuperarán o servizo habitual sen transbordos

Tamén porá en circulación a partir del 15 de diciembre duos servizos de Avlo na conexión A Coruña-Madrid, con 4.000 prazas semanais máis

O BNG insta ao Goberno a mellorar as conexións ferroviarias en Galicia e a acelerar o Ave Vigo-O Porto


Cortes de tráfico no viaduto do Castro na A-6, sentido Madrid, para proceder á extensión do firme

18/11/2024 08:47

Estímase que os traballos se prolongarán ata o martes 26 de novembro ás 22:00 horas, tras o cal se restituirá o tráfico en sentido Madrid polo tronco da autovía

O itinerario alternativo para o tráfico en sentido Madrid realizarase a través da N-6 e A-6 entre os puntos quilométricos 432 a 422 desta última, e estará convenientemente sinalizado


Cortes de tráfico por obras no viaduto do Castro da A-6 entre Lugo e León

15/11/2024 14:59

O peche da autovía producirase dende o luns 18 de novembro ata o martes 26



Galicia aspira a reducir nun 10 % os vehículos que acceden ás cidades

15/11/2024 10:50

Galicia rexistra un índice de motorización un 10 % por riba da media estatal

Preséntase unha nova liña de bus en Teo, que consistirá nunha lanzadeira que vai enlazar co transporte urbano da capital


Tren de alta velocidade Avril

Óscar Puente defende que a puntualidade dos novos trens Avril xa mellorou ata o 79 %

13/11/2024 18:18

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible di que o funcionamento mellorou despois de que tanto Talgo coma Renfe "cargaran as pilas"

Avanzou que en 2024 haberá menos incidencias que en 2023


Imposible mercar billetes de tren entre Galicia e Madrid para o Nadal

13/11/2024 15:29

Os usuarios piden que se activen canto antes para poder organizar as viaxes

Etiquetas:  AVE   NADAL   TREN

O Goberno apunta á responsabilidade de Portugal para que o AVE Lisboa-Vigo chegue en 2032

12/11/2024 20:31

Puente sinala que esta conexión "non é menos prioritaria" que a de Madrid-Lisboa: "Son distintas e son complementarias"

O ministro di que "non renuncia" á construción de variantes para conectar Lugo coa alta velocidade ferroviaria


O Goberno avanza no proxecto de conexión directa entre A Coruña e Ferrol por tren

12/11/2024 20:51

O Ministerio de Transportes somete a información pública o estudo informativo do ramal coñecido como o bypass de Betanzos

Etiquetas:  TREN

Saír do coche o antes posible é a recomendación ante unha inundación

O Goberno quere incluír formación obrigatoria aos futuros condutores para saber actuar nunha emerxencia

12/11/2024 14:57

Dende a Confederación Nacional de Autoescolas agardan que esa formación vaia máis alá duns simples contidos teóricos e sexan cursos de sensibilización


O corredor entre Brión e Noia converterase en autovía tras aprobar a Xunta o seu desdobramento

11/11/2024 11:56

Terá un investimento de 29 millóns de euros e di o presidente, Alfonso Rueda, que facilitará as comunicacións na zona

O Consello da Xunta aprobou tamén a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, co obxetivo de duplicar o número de vivendas de promoción pública ata 2028


Transportes licita por 21,6 millóns a renovación e ampliación do ramal ferroviario de Ferrol

11/11/2024 15:27

O investimento destinarase a renovar a vía que une a estación de Ferrol e o porto interior da cidade, e así aumentar a súa capacidade grazas á despregadura dun terceiro carril


Expertos en xeotecnia inspeccionan o desprendemento na autoestrada entre León e Asturias

11/11/2024 14:11

Este luns conseguiron abrir un carril, e nas últimas horas confirmaron con cans en con cámaras térmicas que non hai ningún vehículo sepultado


Escavación do túnel de Rante (Adif)

Conclúe o 'cale' do túnel de Rante, na variante exterior do AVE de Ourense

08/11/2024 16:51

Este novo trazado de vía substituirá e mellorará o acceso á cidade e mellorará as conexións entre Galicia e o centro peninsular

Xa co túnel conectado por completo, os seguintes pasos serán rematar coa escavación da metade inferior e realizar o revestimento


Abel Caballero, alcalde de Vigo, durante o pleno deste xoves

Caballero convoca concertos e manifestacións para reclamar a alta velocidade e a autovía ao Porriño

07/11/2024 11:11

O PSOE de Vigo aproba, nun pleno tenso, a súa proposta para reclamar a alta velocidade co Porto en 2030 e a directa con Madrid por Cerdedo

PP e BNG critican que non se busque o consenso para impulsar a alta velocidade desde Vigo e os populares nin sequera votaron a moción e abandonaron o pleno


Dous trens Avril substitúen dous Alvia no corredor Madrid-Galicia

05/11/2024 09:29

A modificación supón incrementar 2.500 prazas,  así, a oferta semanal neste traxecto será de case 54.000 asentos e tamén se reduce o tempo da viaxe


Alcaldes do Pacto de Pedre esixen unha reforma integral da N-541

06/11/2024 15:37

Queren que se arranxe toda a vía cun investimento importante e non só parches


A rede interior de ferrocarril do porto de Punta Lagosteira estará rematada en dous anos

06/11/2024 14:25

O acceso ferroviario exterior tamén estará listo no 2026

O presidente da Xunta pide que o Goberno Central impulse tamén o Corredor Atlántico de Mercadorías

Publicidade
Publicidade